Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Parolando’ sobre as concellerías de Cultura da comarca

culturaO programa ‘Parolando’ da Radio Burela dedicouse este 14 de xaneiro ás concellerías de Cultura dos concellos da Mariña Central e as súas programacións culturais. Falouse sobre os problemas económicos que restan rendemento ó traballo dos concelleiros, das festas históricas e gastronómicas organizadas polos diversos concellos, ademais doutros actos culturais diversos. Os Concelleiros de Cultura destacaron o papel e o traballo dos técnicos de cultura dos seus respectivos concellos.

Igualmente se debateron dúas posibles iniciativas culturais a levar a cabo na Mariña Central: en primeiro lugar falouse da posibilidade de colaboración entre as tres emisoras locais existentes: Radio Burela, Radio Foz e Radio Valadouro; en segundo lugar estudouse a posibilidade de organizar unhas olimpiadas comarcais entre os 8 concellos da Mariña Central, ó estilo das que se veñen organizando os últimos anos no concello de Alfoz. Todos estiveron de acordo en que ambas iniciativas son sumamente interesantes.

Estiveron presentes os concelleiros de Cultura: Jose Díaz (Burela), Silvia Blach (Foz), Xabier Pardiñas (Alfoz), Eduardo Chao (Valadouro) e Manolo Arango (Lourenzá).

Exit mobile version