Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiros metais do 2016 para o Clube Atletismo Lourenzá

oscarÓscar Buján conseguía tres vitorias para o Clube Atletismo Lourenzá nas últimas probas do ano e na primeira deste 2016 co club laurentino.

Os primeiros metais chegaban nas San Silvestres de Salas e de Pola de Allande (Asturias) onde lograba tamén o primeiro posto da categoría. Xa na carreira de Reis que organiza o Concello de Barreiros convertíase no vencedor absoluto e tamén na categoría sénior.

San Silvestre de Ribadeo
O resto do equipo desprazábase o 31 de decembro ata Ribadeo para participar na súa San Silvestre onde lograban postos moi bos na xeral e un metal a cargo de LOLI PIÑEIRO como segunda SENIOR en entrar na liña de meta.

Carreira de Reis en Barreiros
O domingo 3 de xaneiro, parte do clube de atletismo participaba na carreira de Reis de Barreiros logrando, ademais dos metais de Óscar Buján, unha prata para Marisa Ares como segunda da xeral e segunda da categoría sénior.

Destacan tamén as posicións de Álex e Marcos que entraban entre os dez primeiros. De feito, Álex Villalba roza o podio por partida dobre sendo o cuarto da xeral e o cuarto sénior.

Exit mobile version