Site icon Crónica3.com A Mariña

Ramón Ares Rico, novo xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

O director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Ramón Ares, e o director da Oficina de Coordinación de Trasplantes de Galicia, Jacinto Sánchez, ofrecen unha rolda de prensa para presentar o balance de actividade de doazón e transplantes da Comunidade Autónoma en 201514 de xaneiro de 2016.- A Consellería de Sanidade vén de nomear a Ramón Ares Rico como novo xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, isto é, máximo responsable da sanidade pública na provincia lucense. Ata o de agora o doutor Ares exercía o cargo de director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Está previsto que este venres tome posesión do seu novo cargo nun acto presidido polo novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que terá lugar no Hospital Universitario Lucus Augusti.

Curriculum de Ramón Ares
Ramón Ares (Melide, 1960) é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago, realizou un curso de doutoramento, Suficiencia Investigadora, pola Universidade de Vigo. Tamén se formou como especialista en Saúde Pública na Universidade de Santiago, e conta cun máster en Dirección e Organización de Hospitais e Servizos de Saúde da Universidade Politécnica de Valencia. Ten, ademais, unha titulación como experto en Admisión e Documentación Clínica, impartido na Universidade Complutense de Madrid.

Ares iniciou a súa carreira profesional como médico de Promoción e Protección da Saúde, interino da Consellería de Sanidade en 1985, e desenvolveu diversos cargos na Consellería, primeiro na Delegación Provincial da Consellería en Ourense, na sección de Epidemioloxía, e despois, a partir de 1991, en servizos centrais primeiro como asesor técnico en Atención Especializada, e posteriormente como xefe da Sección de Concertos.

No ano 1994 incorporouse como coordinador de admisión do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, e posteriormente entre os anos 1996 e 2005 ocupouse da dirección das xerencias de varios hospitais: Comarcal de Valdeorras en 1996, Hospital da Costa (Burela) en 2000; e Xeral Calde de Lugo en 2002. Entre 2006 e 2009 desenvolveu a dirección médica da Fundación Pública Hospital do Salnés, para pasar despois á Xerencia do Hospital Virxe da Xunqueira en Cee. Por último, no ano 2012 incorpórase á dirección de Procesos Asistenciais da creada EOXI de A Coruña.

Compaxinado coa súa actividade profesional, Ares realizou unha intensa actividade formativa, con diversos cursos de de epidemioloxía, saúde pública, investigación, xestión sanitaria e alta dirección (Programa de Alta Dirección en Institucións Sanitarias, IESE, 2004).

Exit mobile version