Site icon Crónica3.com A Mariña

Regalcerámica participa en Expohogar Primavera e Maison & Object

stand-regalceramicaRegalCerámica participa esta semana en Expohogar Primavera (Barcelona) e
na feira Maison & Objet (París). A primeira cita celébrase do 23 ao 26 de xaneiro e, a segunda, do 22 ao 26.

En Barcelona, Regalcerámica presenta as novidades da súa produción para a vindeira tempada, onde resaltan unhas 200 pezas de novo deseño en gres, esculturas, animais, pezas utilitarias, búhos, xarróns, bomboneiras, etc. Son todas pezas únicas e numeradas. Achegará a Barcelona unha nova colección de xarróns con novas cores -vermello, turquesa, marrón, verde ou amarelo- e esculturas de edicións limitadas a 8 exemplares, cualificadas xa que logo como peza de autor; ademais doutra colección de pezas utilitarias especialmente realizadas para periodos de crises onde o cliente opta por cousas utilitarias para os seus agasallos cerámica para colgar, de moda ultimamente en decoración, unha colección especial de bixutería e xoiaría con prata, cerámica e vidro de Murano que resalta polo seu colorido e deseño.

“Ademais un apartado do noso stand dedicámolo á decoración de interiores con murais de pezas cerámicas de gran tamaño”, asegura Alfonso Otero Regal.

Maison & Object
A participación de Regalceramica na Feira Maison & Objet, trás a boa acolleita de ano anteriores, vai dirixida a tendas e galerías especializadas en “Obxectos de arte”. Só se exporán, polo tanto, novidades de cerámica artística en gres de alta temperatura, pezas de gran tamaño, destinadas a tendas de obxectos de arte, decoración de interiores e mobiliario, unha colección de “Pezas únicas” – esculturas numeradas de 1 ao 10 e asinadas- con cor e deseños vangardistas.

“Cabe destacar que desde a nosa participación en Maison & Object exportamos a Arabia Saudita, o Líbano, Dubai, Taiwuan, Romanía, Irlanda, Francia, Italia, Alemaña, Gran Bretaña e USA, entre outros destinos.

Exit mobile version