Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematada a obra do IES Perdouro para a instalación dun taller da familia profesional de Fabricación Mecánica

Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez visitaba este venres as obras de ampliación do IES Perdouro de Burela, que finalizaron recentemente. A actuación, cuxo importe final de adxudicación foi de 353.916 euros, responde así mesmo á demanda de novos espazos a raíz da implantación da FP Básica.

En concreto, instalouse un taller da familia profesional de Fabricación Mecánica no lugar onde antes estaban as aulas de electrónica e tecnoloxía, que pasaron a localizarse no novo volume de planta baixa. O semisoto deste novo volume queda agora como un espazo diáfano, que nun futuro podería utilizarse como aulas e almacén, en función das necesidades.

Plan de renovación e mellora
Estes traballos enmárcanse no Plan de renovación e mellora de infraestruturas e equipamentos executado en 2015 en diferentes centros de toda Galicia e dotado cun investimento de preto de 18,4 millóns de euros. Grazas a este programa, a Consellería levou a cabo diversas actuacións na provincia de Lugo, no CEIP Laverde Ruíz (en Outeiro de Rei) e no propio IES Perdouro.

A maiores, cómpre lembrar o forte compromiso orzamentario adquirido co CIFP As Mercedes de Lugo –cuxas obras achéganse aos 6 millóns de euros– co obxectivo de transformalo nun centro de referencia en Galicia no ámbito da Formación Profesional.

Exit mobile version