Cervo, 4 de xaneiro de 2016.- As tradicionais cabalgatas de Reis de San Cibrao e Cervo celébranse este martes, día 5 de xaneiro, e nelas a maioría dos caramelos que se repartirán son sen glute e polo tanto aptos para celíacos. Anunciouno este luns a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés.
No caso da cabalgata de San Cibrao, o desfile sairá ás 18:30 horas do pavillón da Veiga e acabará na Casa da Cultura. Está organizada polas asociacións Península da Paz e Mulleres de San Ciprián, co colaboración do Concello de Cervo.
No tocante á cabalgata de Cervo, o desfile iniciarase ás 19 horas nas Escolas Vellas e irá ata o salón de plenos da Casa do Concello, onde ademais o grupo teatral O Bordelo levará ao escenario unha peza de estreo. Organiza esta cabalgata a asociación Airiños do Xunco e colabora o Concello de Cervo.