A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” presenta as rutas do mes de xaneiro cunha das novidades que representa o calendario elaborado para este ano 2016 onde cada mes se levarán a cabo un par de rutas.
Por unha parte, súmanse á iniciativa da Asociación Pasada das Cabras de Burela para realizar en 12 etapas, unha por mes, o Camiño do Norte a Santiago de Compostela para conmemorar o recente recoñecemento como Patrimonio da Humanidade. E, por outra, realizarán outra ruta ao mes.
A cartelería do Camiño será en cor amarela para diferenciala das outras rutas.
A primeira etapa do Camiño realizarase o sábado, 9 de xaneiro, de Ribadeo ata Villamartín Pequeno, un total de 17 kms. Sairán ás 08.30 horas do Cantón de Vilanova; e ao remate da ruta, xantarán polbo na Feira de Lourenzá. O prezo inclúe o autobús e a comida sendo de 20€ para socios e 25€ para non socios. Anotan ata o xoves, 7 de xaneiro, nos teléfonos: 699 68 59 02 (Sandra) e 619 37 80 29 (Lupe); e no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com.
A outra saída de xaneiro levaraos ata Xove onde realizarán a “Senda Costeira”, concretamente o tramo Morás-Vilachá. O percorrido lineal, de 11 kms e dificultade baixa, permitiralles desfrutar das paisaxes da costa cantábrica en inverno.
Esta andaina será o domingo, 17 de xaneiro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 09.00 horas. O prezo (de 5€ para socios e 8€ para non socios) será para custear o transporte en autobús, xa que se contempla a volta á casa para o xantar.
O prazo para anotarse remata o xoves, 14 de xaneiro. Para as inscricións poñen a disposición dous números de teléfono: 699 70 60 31 (Javier) ou 636 67 95 12 (Pepe); así como o correo da asociación: terrasdelourenza@gmail.com.