Site icon Crónica3.com A Mariña

Tino García pregunta pola iluminación da área verde de Parquemar e nunha rotonda de Verxeles

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

Varios veciños usuarios da área verde de Parquemar en Cantarrana, fixéronnos chegar as súas queixas pola escasa iluminación eléctrica que hai tanto na zona de xogos coma na pista deportiva. Isto, sen dúbida, pode ocasionar problemas de seguridade cando son utilizadas polos máis pequenos. Por esta razón lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:

• Vaise a mellorar e ampliar a iluminación eléctrica nestas zonas de xogos?

En Verxeles, na rúa de acceso ó ferrocarril, fai tempo que se fixeron unha serie de obras incluindo una glorieta ou rotonda, onde na actualidade apenas hai alumeado público. Por este motivo lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:

• Vaise a dotar ou a mellorar o alumeado público nesta rotonda de Verxeles?

Exit mobile version