Site icon Crónica3.com A Mariña

UCGAL reúnese coa conselleira de Medio Rural, coa crise do sector lácteo desde a perspectiva dos consumidores como tema principal a tratar

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016.- Este xoves pola tarde, a presidenta da UCGAL, Ana Olveira, e o Secretario Xeral, Miguel López, terán unha reunión coa actual conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, na que abordarán, entre outros temas, o papel determinante dos consumidores na crise do sector lácteo. Aínda que somos o último elo da cadea, as persoas consumidoras podemos aportar solución significativas a medio e longo prazo. Isto só será posíbel se, por parte da administración, hai vontade de promover accións formativas e informativas que teñan ós galegos e galegas como principal obxectivo.

Con respecto a crise do sector lácteo, UCGAL opina que para actuar e adoptar decisións de compra responsables, os consumidores deben estar debidamente formados e informados sobre o proceso de comercialización do leite, un camiño que vai desde as granxas ata o lineal do supermercado. Por iso, o pasado verán, propúxoselle a Consellería unha batería de medidas enfocadas no só a mellorar a formación do consumidor senón tamén a poñer de manifesto as prácticas que banalizan o leito e os seus derivados. É moi fácil pedirlles ós consumidores que sexan responsables á hora de mercar pero a administración debe, por unha banda, consultarlles sobre a súa visión dos problemas do sector e, pola outra, darlles as ferramentas necesarias para coñecer a realidade do mesmo.

Unión de Consumidores de Galicia espera que a administración teña en conta os intereses das persoas consumidoras e das organizacións que as representan. Os consumidores, sempre dentro das nosas posibilidades, podemos contribuír á mellora do sector lácteo adoptando hábitos de consumo responsable. Porén, para que iso sexa posible necesitamos ferramentas que nos orienten á hora de comprar produtos lácteos. Neste sentido, tamén queremos trasladarlle a conselleira a nosa visión sobre Galega 100%, un selo que garante a trazabilidade da materia prima pero que non inclúe obrigas nin compromisos de natureza contractual nin económica que garanta a pervivencia das explotacións.

Exit mobile version