Site icon Crónica3.com A Mariña

Viaxe a Xuvenlugo dende O Vicedo

O Concello do Vicedo organiza unha viaxe a XuvenLugo este sábado 9 de xaneiro. Ata a cidade da Muralla achegaranse dous autobuses con nenos e adultos do municipio na xa tradicional visita a este recinto feiral da capital da provincia onde os asistentes poderán disfrutar de atraccións de feira, karts, actividades para os máis pequeniños, etc. A entrada e desprazamento é de balde para as máis de 100 persoas do municipio que asistirán.

Exit mobile version