Site icon Crónica3.com A Mariña

Vilachá abandona por “incompatibilidades” o banquiño do Ribadeo ao que se incorpora Fiz

Por motivos laborais totalmente incompatibles coa labor de adestrador, Manuel Castro Núñez “Vilachá” acorda co Ribadeo FC rescindir o seu contrato como segundo adestrador que o vinculaba ao club mariñán ata o final desta temporada 15-16.

A directiva do club agradece o seu “máximo compromiso e extraordinario traballo a favor do Ribadeo FC durante os últimos 7 anos que dende a Primeira Rexional o levou Terceira División Nacional Galega onde milita o equipo na presente temporada”. É por iso polo que “lle desexamos os maiores éxitos tanto personais como na súa nova etapa laboral”.

lopez-fizÁ fronte do equipo, ata final de temporada, os responsables do banquiño serán Germán Campos Durán, como primeiro adestrador e Fiz Rodríguez Carballo (ex adestrador da SD Sarriana, UD Pastoricense e categorías inferiores do CD Lugo) como segundo adestrador, xunto ao preparador físico, Jaime López Rego.

Exit mobile version