
Burela, 14 de xaneiro de 2016.- Xa está en Burela o novo coche co que contará a agrupación de voluntarios de Protección Civil. O vehículo foille entregado este mércores ao Concello nun acto celebrado en Vilalba e ao que asistiu o alcalde, Alfredo Llano. Na mañá deste xoves foi recibido por un responsable da agrupación de voluntarios burelesa. Con él estiveron o rexedor e tamén o concelleiro de Protección Civil e Sanidade, Ramón Vázquez Andrade.