Site icon Crónica3.com A Mariña

Desafiando o mal tempo cun “curto” desfile de Entroido en Lourenzá

A pesar do mal tempo, Lourenzá celebraba o tradicional desfile de Entroido do Domingo de Piñata con 45 inscritos nas distintas categorías. As condicións meteorolóxicas fixeron acurtar o percorrido e, con todo, o desfile puido rematar satisfactoriamente.

Premios:
INFANTIL
Individual
– 1º Premio: Fantasía do Mar
– 2º Premio: O meu xirasol deume pipas a montón
– 3º Premio: O armadillo
– 4º Premio: O domador
– 5º Premio: Bob Esponja

Parellas
– 1º Premio: Los picapiedra
– 2º Premio: Unha parella con moita casca
– 3º Premio: Dúo Sacapuntas

Grupos
– 1º Premio: Pescando a nemo
– 2º Premio: Chuki y sus novias
– 3º Premio: Los Sioux

ADULTOS
Individual
– 1º Premio: Disfruta cada segundo
– 2º Premio: A raíña das legumes
– 3º Premio: Albal al por mayor

Parellas
– 1º Premio: Erase una vez… Pinocho
– 2º Premio: Erizos con moita corda
– 3º premio: Todo feito con rolos de papel hixiénico

Grupos
– 1º Premio: Os de Barres
– 2º Premio: Dando a nota
– 3º Premio: Imperio galáctico

Comparsas
– 1º Premio: Sin Xeito
– 2º Premio: Os macanudos
– 3º Premio: As trouleiras

Charangas
Non se presentaron participantes e os premios, quedaron desertos.

Carrozas
– 1º Premio: Las burbujas de Vilou
– 2º Premio: Sueño infantil
– 3º Premio: Lavado y empalme

Premio ao máis chistoso: Yo soy presa

Dende a Acial agradecen a tódolos disfraces a súa participación, así como ao público que asistiu a Lourenzá. Tamén agradecen a axuda e colaboración de ex membros da directiva e veciños do pobo que colaboraron con eles para a realización do desfile. Do mesmo xeito, piden desculpas por todos aqueles erros que se puideron cometer.

Exit mobile version