Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Mondoñedo visitou a feira “Xantar”

20160206_152403Mondoñedo, 6 de febreiro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, visitou na mañá deste sábado o salón internacional de turismo gastronómico de Ourense, Xantar. Estivo acompañada polo tenente de alcalde, Manuel Otero, e polo edil de Educación, Alberto García.

O stand de Mondoñedo ofrece pan da localidade, empanada de tortilla e as tartas das 3 pastelerías de Mondoñedo. Tamén se ofrece información turística do municipio e o presidente da Asociación Cultural As San Lucas coa colaboración do Goberno local promociona a feira máis antiga de Galicia. Hai ademais pezas expostas dos artesáns que fan o seu labor nos Muíños.

A rexedora fai unha valoración “moi positiva” da presenza do Concello na feira.

Exit mobile version