Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar entrega os trofeos do V Campionato de tute

tute-trasbarTrasbar, 22 de febreiro de 2016.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de entregar os trofeos do V Campionato de tute. O acto tivo lugar este sábado no local social de Trasbar, no transcurso dunha cea á que estaban convidadas todas as persoas que participaron no campionato.

Nesta edición participaron once parellas. O campionato, que foi a unha volta, comezou no mes de outubro e rematou a metade de febreiro. As tres parellas con mellor puntuación levaron un trofeo e repartíronse do seguinte xeito: o terceiro premio para Marciano García e José Antonio Fernández (Tito); os segundos clasificados foron Abelardo Lestegás e Ramón Fanego; os campións desta quinta edición foron Manolo Otero e Suso Teijeira.

Dende a asociación Burgo de Trasbar, agradecemos a participación de todas as parellas que participaron nesta edición e convidamos á xente a participar nos vindeiros campionatos, así como no resto das actividades que organizamos.

Neste senso, estamos xa inmersos na organización do II Maratón de tute, que terá lugar o 19 de marzo, no que xa temos varias parellas apuntadas e agardamos que teña tanto éxito como a primeira edición.

Así mesmo, a primeiros de abril comezaremos o V campionato de parchís. Se algunha parella está interesada, aínda se pode apuntar.

Exit mobile version