Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CEMIT de Barreiros organiza un curso para aprender a usar o smartphone

Barreiros, 19 de febreiro de 2016. A aula CeMIT de Barreiros organiza un curso denominado Aprende a usar o Smartphone, para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes.

A actividade, que comeza o 29 de febreiro na aula CeMIT, contará coa colaboración da Fundación Vodafone, que cederá durante os días de curso diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, os participantes recibirán uns manuais en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese para este colectivo.

As persoas interesadas na asistencia a esta actividade formativa poden anotarse enviando un correo a cemit.barreiros@xunta.es, no teléfono: 639 876 671 ou acudindo á propia aula.

Exit mobile version