Site icon Crónica3.com A Mariña

A biblioteca do IES Perdouro de Burela acolleu a presentación de “Nefelibata” de Maka Ledo

IMG_0630 (Copiar)Burela, 12 de febreiro de 2016.- Na mañá deste venres tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a presentación do primeiro libro de Macarena Ledo Vázquez, alumna de 2º de Bacharelato do IES Perdouro. Abriu o acto o señor director do centro educativo, retratando o carácter polifacético da autora principiante (ademais de ser alumna de 2º de Bacharelato, Maka adica o seu tempo libre a ser actriz de teatro, locutora de radio, monitora de tempo libre, blogueira e escritora). Fixo mención aos seus múltiples premios literarios de índole local, nacional e incluso internacional. A continuación tomou a palabra Mónica Filgueira Formoso, artista ourensá, quen foi a encargada de ilustrar a portada e contraportada de “Nefelibata”. Fixo da relatora novel unha presentación chea de emocións e poesía. Logo, Macarena Ledo explicou o significado de “Nefelibata”, título da súa obra acorde coa súa personalidade. O seu primeiro libro que recolle 70 relatos curtos dividos en 3 partes naceu da sorpresa coa que quixo agasallar os seus familiares e seres queridos nas pasadas festas navideñas. Quedaron moitas cousas por contar máis xa se sabe que o vindeiro venres 26 de febreiro ás 20h15 na libraría Nobel de Burela, Maka Ledo presentará novamente ao público “Nefelibata”.

Exit mobile version