Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 27 de marzo unha exposición de carteis da Semana Santa

la foto 1Burela, 27 de febreiro de 2016.- A Casa da Cultura acolleu este venres a inauguración da exposición de carteis da Semana Santa, que se poderá ver ata o vindeiro 27 de marzo. No acto presentouse o cartel deste 2016, do que tamén é autor José Míguez, ao igual que do resto da imaxes que se poden ver nesa mostra. Os organizadores teñen xa listo o programa de actos, que dará comezo o Domingo de Ramos e rematará o Domingo de Resurrección, tal e como adiantaba hai uns días o alcalde, Alfredo Llano.

O Coro do Conservatorio de Viveiro foi o encargado de poñer a nota musical nese acto, que tivo lugar este venres.

Exit mobile version