Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación municipal de Igualdade de Cervo e catro asociacións organizan diversos actos para conmemorar o Día Internacional da Muller

pres-act-dimullCervo, 12 de febreiro de 2016. A Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións do municipio de Cervo (Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade, Mulleres Rurais As Espalladoras e Alborada) organizan diversos actos para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 5 de marzo, sábado. O programa de actividades foi presentado hoxe pola concelleira de Igualdade, Pilar Armada, e representantes dos catro colectivos.

Os actos empezarán na Casa do Mar, de San Cibrao, ás 17.30 horas cun Café Bombón. Ás seis da tarde haberá unha charla sobre Dinámicas para mellorar a calidade de vida, que será impartida por Reyes Quelle. A continuación, ás 19.00 horas, terá lugar unha demostración de taichí a cargo da asociación Alborada. Posteriormente as actividades trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura, de San Cibrao, onde ás oito da tarde actuará o grupo A Rebolaxe. Ás 22.00 horas empezará no restaurante Buenavista unha cea, na que se entregarán os premios dos campionatos de tute e de parchís, que se están celebrando estes días, e haberá algunhas sorpresas. E as actividades da xornada rematarán cun baile a partir das doce da noite na Casa do Mar.

Para participar no Café Bombón e na cea é necesario anotarse na Casa do Mar, nas asociacións colaboradoras ou no teléfono 982.87.95.83. O prazo remata o día 2 de marzo.

Exit mobile version