Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación decreta 3 días de loito oficial polo crime dunha lucense vítima de violencia machista

Image1 (1)Lugo, 12 de febreiro de 2016.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este venres que o organismo provincial vén de decretar 3 días de loito oficial, logo do asasinato machista dunha veciña lucense, que tivo lugar este xoves.

Fíxoo na concentración en repulsa da violencia de xénero que tivo lugar en Becerreá, concello natural da vítima, onde estivo acompañado de Deputados do Goberno Provincial, así como doutras autoridades.

O mandatario provincial explicou que o loito comezou ás 9:00 horas do venres 12 de febreiro e que se prolongará ata o vindeiro Luns á mesma hora.

Durante estas 3 xornadas, quedarán suspendidos todos os actos públicos oficias da institución provincial, incluída a Xunta de Goberno, que se celebrará o vindeiro luns, 15 de febreiro, logo do remate do loito oficial.

Ademais, a Bandeira Provincial exterior de todos os edificios dependentes da Deputación ondearán a media asta durante estes días.

Declaración Institucional
O Presidente condenou este acto de violencia e trasladou aos familiares e amigos da vítima o apoio do Goberno Provincial. Darío Campos avanzou que o organismo provincial aprobará, o vindeiro luns en Xunta de Goberno, unha declaración institucional en repulsa desta acción machista.

O organismo provincial trasladaralle á familia un testemuño institucional da condolencia por este terrible feito. A Deputación fixo unha declaración institucional de repulsa e condena deste asasinato de violencia machista desta veciña de Becerreá, así como do resto das mulleres asasinadas nestes actos terroristas.

Exit mobile version