Campos Conde destacou que “colaboramos con esta cita para para fomentar a comercialización e o consumo deste produto, que é un dos motores económicos da zona, pois ao redor de 200 produtores comercializan ata 400.000 quilos de grelos, xerando máis de 250 postos de traballo”.
Expogrelo é exemplo dunha cita que, máis aló do seu aspecto lúdico, supón un importante evento de promoción dos produtos autóctonos de calidade cuxa comercialización é capaz de xerar riqueza e postos de traballo na provincia. Nos últimos anos, as vendas deste produto, que conta co distintivo de Indicación Xeográfica Protexida –IXP-, aumentaron un 40% grazas a iniciativas como Expogrelo.
O Alcalde quixo agradecer a colaboración prestada pola Deputación ao tempo que convidou aos veciños a coñecer Abadín e a probar o seu grelo este sábado.
Programación
As actividades darán comezo ás 09.00 horas coa numeración das cestas de grelos e a apertura o recinto feiral. Ás 12.30 horas terá lugar unha degustación de grelos de Abadín e, finalmente, ás 14.00 horas daranse a coñecer os gañadores dos premios ás mellores cestas. As actividades previstas completaranse con degustacións de pratos elaborados polos locales de restauración da localidade, así como diferentes actuacións musicais.