Site icon Crónica3.com A Mariña

A piscina de Viveiro acollerá un bautismo de buceo o 6 de marzo

O CDM Viveiro (Piscina Municipal de Viveiro) porá en marcha novos eventos despois da celebración cun control de talentos feito pola Federación Galega de Triatlón con case 200 nenos/as nadando e correndo en xaneiro.

Agora, tras 2 meses dende a toma da súa xestión a cargo do Concello, as instalacións do complexo deportivo acollerán unha actividade gratuita para os aboados enmarcada nun convenio asinado pola Concellería de Deportes que dirixe Emilio Villarmea e o Club de Buceo Costa de Lugo. O vindeiro 6 de MARZO realizarase desde as 10.00 ata as 14.00 horas un BAUTISMO DE BUCEO.

Os interesados poden anotarse na recepción a partir do luns 22 de febreiro. As prazas ofertadas serán 30 por estrito orde de inscrición. A organización fará 3 grupos de 10 alumnos (de 10 a 11.15 horas, de 11.15 a 12.30 horas e de 12.30 a 13.45 horas) entre os que se impartirán nocións básicas de mergullo con equipos. Os aboados terán que traer gorro, bañador e unha camiseta para o curso, o resto do material será posto pola organización.

Curso de Pilates
Outra actividade que se impartirá no centro será un curso de Pilates suelo cunha carga de 150 horas, impartido pola FEDA, que servirá para formar xente (licenciados, diplomados EF, técnicos, etc) que poderán impartir con posterioridade esta actividade. O seu comezo está previsto para o mes de abril.

Exit mobile version