Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede Museística Provincial de Lugo e o Museo Provincial do Mar de San Cibrao únense ás actividades polo Día de Rosalía

museo-marLugo, 21 de febreiro de 2016.- O 24 de Febreiro, o Museo Provincial do Mar acollerá un acto de homenaxe e lembranza da figura e a obra de Rosalía, escritora que representa o rexurdimendo das nosas letras. Esta actividade enmárcase dentro da programación da Área de Cultura da Deputación de Lugo no 179 aniversario do nacemento da escritora.

O acto, que se celebrará a partir das 18.00 horas deste mércores 24; terá unha parte poética e outra musical, dentro dunha metodoloxía participativa, onde todo o mundo poderá participar da representación artística e cultural de exaltación da obra de Rosalía.

Anímase desde o Museo Provincial do Mar e a Rede Museística Provincial a toda persoa interesada a acudir a este acto e a participar no recital.

Exit mobile version