Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Ribeira de Foz” agradece as respostas dadas na Comisión de Pesca e Marisqueo en canto a reparacións e dragado no porto focense

IMG-20160204-WA0009Foz, 4 de febreiro de 2015.- Dende “A Ribeira de Foz” agradecemos o Sr. Val o cumprimento do compromiso que adquiriu con nos, tras levar a palestra na Comisión 8ª Pesca e Marisqueo. do día 03/02/2016, as preguntas que en pasados días lle achegamos, conxuntamente co deputado Balseiro. Deputados do parlamento galego e ambos residentes na comarca da mariña.

Fragmento do vídeo da comisión: https://www.youtube.com/watch?v=oqP9oMm7m6Q

Agradecemos un “ano mais”, as aclaracións e as explicacións dadas o respecto polo Sr. Duran, das que deducimos polas súas respostas que nestas vindeiras semanas se van efectuar as obras de reparacións tan necesarias nos pantalanes de Porto Chico.

Tamén nos ilusiona saber que se vai ampliar a dragaxe proxectada en parte da bocana do porto, pois iso é unha cousa tamén necesaria, de nada valía dragar o porto se despois non podes saír del.

O único que agora nos inqueda ,é que non teñamos que dicirlle outra vez as poucas embarcacións foráneas que nos queren visitar para facer escala uns días en Foz, que non poden facelo. Pois non teñen calado un ano mais, xa que como se prometeu que se faría o ano pasado de forma tan táxante…, nos así llo fixemos saber a os donos de ditas embarcacións, que para o 2016 poderían achegarse e desfrutar por fin do noso pobo.

Tamén queremos recalcar que a necesidade é urxente e real, pois non queremos que se repitan imaxes como as de ver unha embarcación que o dono estaba a estrear este pasado verán, afundida por mor de ter que atracar no peirao do porto, quedando esta enganchada na baixamar a unha das escadas e que provocou que o subir a marea se afundise, coa consecuente perdida económica e coa ilusión do propietario, todo isto non ter unha praza axeitada nun pantalan, tan demandado con mais de 50 embarcacións en lista de espera.

Comprendemos e sabemos perfectamente os tramites, os estudos, e os problemas da normativa actual sobre das dragaxes, posto que neste tema nos métemos mui a fondo. Pero tamén temos que dicir que estes, igual se poderían axilizar moito mais, posto que no 2012 se fixo un estudo que custou 63.0000€, no cal precisamente se recollen tódalas actuación posibles nos peiraos de Foz coas súas respectivas solucións técnicas.

Polo tanto as nosas inquedanzas son normais e fundadas, a pesar de que confiemos nas promesas e saibamos que se vai a dragar. Cousa que xa esperabamos que se fixese no pasado ano.

Por outra parte tamén temos que dicir que seguimos sin entender a discriminación sin sentido para as embarcacións maiores de 6m, para a reclamación da bonificación por falta de calado da tarifa X5. Non o entendemos. Nin entendemos por que non se eliminan eses requisitos para solicitala.

Sabiamos tamén da presencia do técnico provincial de portos, e dun técnico que o acompañou o pasado martes en Foz, pois así no lo fixo saber o Patrón maior, houbéranos gustado que nos invitasen a participar nese día, para ter algún coñecemento de como se van a efectuar as obras da dragaxe, e saber en que medida nos afectan xa que somos parte afectada e implicada.

Exit mobile version