Polo escenario deste evento pasarán 7 bandas galegas, xunto con outras bandas chegadas desde diversos puntos como Euskal Herria ou Cataluña.
O nacionalista Xosé Ferreiro, delegado de Cultura na Deputación de Lugo, presentou esta mañá o evento xunto con Manu Fernandez, integrante da AC A Candeloria e organizador do Festival. Ferreiro destacou a importancia de que sexan “mozas e mozos lucenses os promotores dun evento destas características, pois o Festival A Candeloria traspasa fronteiras mesmo fora de Galiza, e ven a encher Lugo de actividade nunha fin de semana que xa é unha referencia no calendario galego de Festivais”.
Destaca neste evento o éxito colleitado na pasada edición, enchendo o Pazo de Feiras e Congresos, que nesta ocasión volverá ofrecer concertos, zona de acampada e outro tipo de actividades de entretemento pensadas para que todo o mundo poida desfrutar da Candeloria.
O Festival A Candeloria volve apostar por grupos de moi diversos estilos, desde o punk pasando polo ska, o rock, o bravú e mesmo o folk, sendo na súa meirande parte bandas galegas quen forman o cartel.
Cantos de taberna, a Feira Candeloria e moitas actividades máis completan a programación deste Festival, toda a información está en http://acandeloria.org/.
Venres 19 de febreiro
21:00 Habelas Hainas
22:05 Aspencat
23:40 Narco
1:25 Zoo
2:55 Nao
4:25 Familia Caamagno
Sábado 20 de febreiro
13:00 Poetarras
20:15 Ataque Escampe
21:20 Diplomáticos de Montealto
23:10 Soziedad Alkohólika (SA)
1:00 El último ke zierre
2:45 Zënzar
4:15 Vendetta