A presente edición terá lugar nos concellos de Sarria e de Lugo, disputarase entre o 12 e o 18 do mes de xuño. Na XXVII Edición participarán 32 equipas chegadas de toda a xeografía estatal. O campionato comezará cunha fase de 8 grupos con catro integrantes en cada un deles, seis dos grupos disputarán os seus partidos nos pavillóns da cidade de Lugo, os dous grupos restantes, terán a súa sede en Sarria. A fase final desputarase do 15 ao 18 de xuño e abranguerá partidos desde oitavos de final até a final da que sairá o vencedor.
No Campionato de España infantil participarán 500 deportistas, ducias de responsables arbitrais e federativos, así coma unha asistencia dunhas 1200 persoas entre familiares, axencias deportivas e acompañantes. Estes datos xunto co número de seguidores que desprazan este tipo de eventos fai que a organización estime o impacto económico en Lugo e Sarria en preto de 1,5 millóns de euros, servindo como plataforma para que moitos visitantes podan disfrutar da potencialidade turística que as diferentes comarcas da Provincia de Lugo ofertan.
O Deputado da Área de Deporte da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, resaltou a importancia “ de traer todo un espectáculo de deporte base a provincia, que permitirá por unha banda o desfrute do deporte competitivo de primeiro nivel e, pola outra, servirá de ferramenta para o apoio ao turismo e permitirá que o esforzo inversor público nesta actividade se vexa multiplicado e revertido na sociedade lucense a través dos visitantes e do gasto xerado nos establecementos hostaleiros”.