Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galicia explicará en varios concellos da Mariña o programa de axudas á rehabilitación “Vivendas do Camiño”

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, continúa esta semana co ciclo de charlas informativas do Programa de Axudas de Rehabilitación “Vivendas do Camiño”, centradas nas subvencións á rehabilitación de vivendas nos distintos camiños de Santiago. Ata o de agora, celebráronse reunións en Palas de Rei (Lugo), Begonte (Lugo) e Ourense, nelas facilitouse aos cidadáns a información sobre a documentación e requisitos necesarios para acceder a estas subvencións.

Durante a vindeira semana, este ciclo de charlas celebraranse nos Concellos de Trabada, Barreiros, Vilasantar, Vilalba e Mondoñedo.

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, composta polas sete rutas do Camiño de Santiago en Galicia, incluíndo 107 concellos e preto de 500 parroquias, conta neste ano cun orzamento total de 3,2 millóns de euros, para actuacións en rehabilitación de vivendas e edificios nestas zonas protexidas.

Dadas as especias características de dispersión xeográfica desta ARI, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) organiza charlas informativas dirixidas aos titulares de vivendas susceptibles de beneficiarse das axudas deste programa, incluído no Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, aluguer e mellor acceso á vivenda 2015-2020.

As subvencións da ARI dos Camiños de Santiago consisten nunha axuda do 35 por cento do orzamento protexible e que pode acadar un máximo de 11.000 euros por vivenda. Poderán beneficiarse das mesmas, todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do camiño.

As actuacións a protexer son as obras ou traballos de mantemento e intervención en vivendas unifamiliares e edificios, a fin adecualas á normativa vixente (http://www.igvs.es/web/actuamos/858).

Sinalar que, dende comezos de febreiro, estanse a realizar charlas informativas nos concellos incluídos nas distintas rutas do Camiño. As vindeiras xuntanzas terán lugar na semana do 15 ao 19 de febreiro e as charlas realizáranse nos seguintes concellos:

– Trabada (Casa da Cultura): luns 15 de febreiro ás 17.00 horas.
– Lourenzá (Casa do Concello): luns 15 de febreiro ás 20.00 horas.
– Barreiros (Local social San Xulián de Cabarcos): martes 16 de febreiro ás 17.00 horas.
– Ribadeo (Casa do Mar): martes 16 de febreiro ás 20.00 horas.
– Vilasantar (Vilariño): mércores 17 de febreiro ás 17.00 horas.
– Sobrado (Casa do Concello): mércores 17 de febreiro ás 20.00 horas.
– Vilalba (Casa da Cultura): xoves 18 de febreiro ás 17.00 horas.
– Begonte (Casa da Cultura): xoves 18 de febreiro ás 20.00 horas.
– Mondoñedo (Casa da Xuventude): venres 19 de febreiro ás 17.00 horas.
– Abadín (Salón de actos da nova Casa do Concello): venres 19 de febreiro ás 20.00 horas.

Exit mobile version