Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo celebra este xoves 18 de febreiro a asamblea xeral ordinaria

Ribadeo, 15 de febreiro de 2016. Este xoves, 18 de febreiro, ás 20.30 horas terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Na orde do día figuran o exame e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio de 2015 e o orzamento para o ano 2016. Outros dos asuntos que se abordarán son a celebración do Ribadeo Indiano, a próxima tempada en As Catedrais, os patrocinios do colectivo e a Gala de Acisa do próximo 26 de febreiro, na que serán galardonados como ribadense honorífica María Luisa Santiago e como socio honorífico Miguel Díaz.

Na Asemblea Xeral Ordinaria procederase a convocar eleccións para a renovación de cargos da xunta directiva de Acisa: presidente, vicepresidente, tesoureiro, secretario e vocais. O proceso electoral abarcará do 29 de febreiro ao 11 de marzo. O prazo para presentación de candidaturas conclúe o 7 do próximo mes. A elección da nova xunta celebrarase en Asemblea Extraordinaria o 11 de marzo ás 20.30 horas.

Exit mobile version