Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo ultima os detalles da V Cea de Gala que se celebrará o 26 de febreiro

Ribadeo, 8 de febreiro de 2016. ACISA Ribadeo celebrará a súa V Cea de Gala o próximo venres 26 de febreiro cunha velada na que presentará atractivas novidades.

Para este ano no que se cumpre a quinta edición desta Cea de Gala ACISA propón un formato diferente e no transcurso da cea terá lugar un espectáculo con sorpresas que marcará o desenvolvemento do evento. O lugar adecuarase para a celebración da Gala á que os asistentes acudirán ataviados coas súas mellores galas.

Esta V Cea de Gala terá lugar no Asador A Quinta a partir das nove da noite do próximo 26. O prezo é de 25 euros para os socios e 30 para os non socios.

A Cea de Gala está aberta ao público en xeral e ACISA Ribadeo invita a todos a que se animen a participar neste encontro. “Será unha boa oportunidade para gozar dunha noite de entretemento”, apunta o presidente de ACISA, Francisco Iriarte.

Desde a Directiva de ACISA rógase que aqueles interesados en asistir soliciten a tarxeta no restaurante Asador A Quinta ou na sé da Asociación sita na Avenida de Galicia, 20-2ªplanta. Tamén poden facelo a través do correo electrónico info@acisaribadeo.es. O prazo para retirar estas tarxetas finaliza o 24 de febreiro.

San Valentín
Acisa sorteará dúas ceas na súa campaña de San Valentín. Aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado entre o 3 e o 14 de febreiro recibirán papeletas para cubrir cos seus datos persoais e o seu número de teléfono. Iso permitiralles participar no sorteo que se celebrará o día 16 pola tarde nas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, sitas na segunda planta do nº 20 da avenida de Galicia.

Os afortunados e afortunadas gozarán dunha cea romántica coas súas parellas. Unha velada será no hotel restaurante O Cabazo e a outra, no asador A Quinta.

Exit mobile version