Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano anima a asistir ao acto de presentación e á inauguración da exposición de carteis da Semana Santa de Burela este venres no auditorio

Burela, 25 de febreiro de 2016.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima aos veciños e veciñas a asistir este venres ás 20 horas no auditorio á presentación do programa e á inauguración da exposición de carteis da Semana Santa. Haberá tamén unha actuación do Coro do Conservatorio de Viveiro.

O rexedor dixo: “agardamos que os veciños e as veciñas de Burela vaian ata alí porque vai ser a presentación da Semana de Burela para este ano 2016. Pensamos que é unha cuestión importante que nos une un pouco a todos”.
Llano explicou que “vamos intentar facer unha modificación e algunha actividade nova co propósito de facer máis atractiva esta Semana Santa. Por tanto o primeiro día, que vai ser mañá coa presentación, vamos ter a actuación do Coro do Conservatorio de Viveiro, que vai ofrecer un concerto de música sacra idónea para empezar a Semana Santa, polo que consideramos que é unha boa oportunidade de apreciar esta música. Tamén vamos ter unha exposición de todos os carteis que se fixeron desde que se comezou a organizar a Semana Santa en Burela, que son unha vintena, do autor José Míguez, e van estar expostos durante un mes”.

O alcalde burelés engadiu que “despois explicarase á xente que estea alí en que consistirá a Semana Santa: as procesións que vai haber dende que se empece, o Domingo de Ramos, ata que se remate, o Domingo de Resurrección; neste período vai haber procesións case todos os días, excepto o luns da Semana Santa. O que queremos facer é unha invitación aos veciños e aos visitantes que estean por aquí nesas datas”.

Exit mobile version