Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano e Jose Díaz aseguran que a empresa que organiza un macrofestival na Mariña en agosto quería impoñer unha serie de condicións que o Concello de Burela nin pode nin debe asumir

Burela, 29 de febreiro de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, e do concelleiro de Cultura, Jose Díaz, referíronse ao macrofestival que unha empresa está a organizar para o vindeiro mes de agosto na Mariña. Finalmente non se celebrará en Burela, dado que “nos impoñían unha serie de condicións que o Concello nin pode nin debe asumir”, sinalaron os dous. As esixencias pasaban por un plan de seguridade e evacuación, así como polo seguro de responsabilidade civil, entre outras cousas.

O rexedor explicou que “como é coñecido, estes días estivemos en contacto cunha empresa que se dedica a organizar festivais e aparentemente todo indicaba que había moitas posibilidades de que viñera a Burela, sen que fose unha cousa definitiva, nin sequera tíñamos tratado nada, pero xa andaban publicitando que con certa seguridade os días 12 e 13 de agosto ían estar en Burela sen ter nada falado con nós”.

Llano seguiu a relatar que “a empresa, que se puxo despois en contacto, explicounos o tipo de festival que quería facer e os grupos que quería traer, etcétera. Nosoutros en principio non o vimos mal e dixemos que íamos intentar adaptarnos para ver se era posible facer este festival en Burela. Pero hai unha serie de circunstancias que loxicamente nos foron separando, porque, para resumir moitísimo, resulta que esta xente impoñía unhas condicións que o Concello non pode nin debe asumilas, como é facernos cargo de certas cousas que corresponden única e exclusivamente á empresa, como por exemplo organizar a seguridade, os plans de evacuación, a responsabilidade civil, etcétera. Hai unha serie de cousas que non debe facer o Concello, dado que é a empresa quen ten que facerse cargo destas responsabilidades”.

O alcalde de Burela dixo que “entón había unha serie de esixencias con imposicións, de tal xeito que ou ben se facía así ou non se facía. E nós non comulgamos con estas cuestións. Nosoutros queremos facer as cousas ben, que cumpran a normativa que agora mesmo se esixe para todo isto; ten que haber unha responsabilidade moi contrastada, evidentemente, por parte de todos, aspecto no que eu penso que igual non había problema. Pero hai moitas cuestións cando se organiza un festival: hai que procurar que teña tódolos permisos e licencias. E, como por parte dos organizadores a pretensión era que o Concello practicamente asumira o cen por cen de moitos temas que eu penso que son única e exclusivamente responsabilidade da empresa, evidentemente non podemos complicarlle a vida ao Concello, nin moito menos, e polo tanto son cousas que non debemos aceptar nin facerse cargo delas por parte do Concello”.

Alfredo Llano engadiu que “non é que houbese ningún problema coa empresa, xa que estivemos con eles varios días estudando ben os temas, como se debe, porque hai que ser rigorosos e facer as cousas ben. Que se fixera xa algunha insinuación de que ía haber este festival os días 12 e 13 de agosto en Burela, esa é unha cuestión na que nosoutros non participamos nin sequera nos preguntaron, ata que tivemos a primeira reunión, se era posible ou non”. E subliñou que “polo tanto aquí cando unha empresa particular, unha entidade privada, quere organizar un evento en Burela evidentemente hai que esixirlle o mesmo que a todo o mundo: que ten que cumprir unha serie de normativas e regulamentos; e iso foi o que fixemos. Eles querían trasladarnos algunha desas cuestións que son responsabilidade da empresa, para que as asumira o Concello, pero evidentemente non podemos nin debemos facelo”.

Tanto o alcalde como o concelleiro de Cultura insistiron en que “nosotros, por una cuestión de responsabilidad con el pueblo, tenemos la obligación de gestionar bien nuestros recursos económicos y con conocimiento y seguridad. Y como en este caso la seguridad no la teníamos es por eso que preferimos que ese festival no se haga aquí en Burela”. Jose Díaz indicou que “nuestra política cultural está muy clara, creo que lo estamos demostrando desde que llegamos, y es dar continuidad a una programación estable y de calidad, que se mantenga. No solo traer un festival espectacular un día, sino que nuestro objetivo es organizar actividades todos los fines de semana, estamos consiguiendo que la gente venga a Burela y esa es nuestra política, y es la misma que vamos a intentar mantener. Es complicado decir si ese festival iba a funcionar o no, pero nosotros no vimos el proyecto claro, como para volcarnos de lleno en él. Le deseo mucha suerte al Concello que se haga cargo de él y a los organizadores, pero nosotros no lo vimos y de ahí nuestra decisión”.

Exit mobile version