Site icon Crónica3.com A Mariña

Altair busca persoas voluntarias ou colaboradoras para o seu proxecto educativo nos tempos libres en Burela

Burela, 12 de febreiro de 2016.- Altair é unha asociación de acción voluntaria sen ánimo de lucro que desenvolve desde o ano 2011 en Burela un proxecto educativo para nen@s e moz@s sostido por persoas voluntarias

Perfil (persoas con estas ou algunha destas características):

-Responsábeis e con capacidade de compromiso.
-Resolutivas e con capacidade de dar resposta e solución aos problemas.
-Abertas e sociabeis, con sentido crítico e autocrítico, empáticas, tolerantes e respetuosas.
-Motivadas e motivantes, optimistas, imaxinativas, idealistas, realistas, con propostas, con sentido cívico e comunitario.
-Flexíbeis e observadoras, con vocación de alegría e gañas de divertirse, honestas, bondosas, comprensivas, sinceras e dinámicas, con forte vocación de servizo
-Con capacidade de infundir confianza, conscientes do seu papel como voluntarias ou colaboradoras, que procuren a harmonía e o equilibrio no traballo en grupo
-Que lles guste a natureza e o campismo
– Importante: Non se require experiencia no ámbito nin formación específica, só gañas.

Altair ofrece:
-Formación no ámbito da educación nos tempos libres
– Un espazo para o desenvolvemento integral da persoa, onde practicar valores, desenvolver destrezas, adquirir coñecementos e habilidades
-Un espazo desde o que participar na comunidade, onde facer propostas de servizo procurando contribuir ao benestar individual e colectivo
-Formar parte dunha equipa educativa de altair como educador dun grupo de nen@s
-Dirixir actividades educativas e de tempo libre para nen@s de 7 a 17 anos
-Responsabilizarse e dirixir a actividade de un grupo de idade de entre 7 e 17 anos
-Planificar, dirixir e participar en campamentos para nen@s de 7 a 17 anos

Para mais información:
-685325153
-chaodecastro.altair.burela@gmail.com
https://chaodecastro.wordpress.com/
-Tamén en facebook!

Exit mobile version