Entre os proxectos presentados está o que impulsan, no ámbito eólico, os alumnos do IES Illa de Sarón de Xove
A Formación Profesional supón hoxe en Galicia máis prazas públicas, máis opcións, ensino de calidade, innovación e emprego.
Segundo os últimos datos de 2013: 4 de cada 10 alumnos que fixeron FP atoparon traballo nos meses seguintes; e, ademais, outros 2 de cada 10 continuaron estudando despois de graduarse, o que demostra que unha FP tamén estimula os alumnos a seguir formándose e desenvolvendo o seu talento.