Os de Daniel Ibañes pelexarán por manter a boa racha das últimas xornadas defendendo a sétima praza (27 puntos) fronte á oitava dos cataláns (25 puntos). “Faltando tan pouco para a Copa, este partido será, sen dúbida, un bo termómetro para Guadalajara; seguro que será un partido bonito” reflexionaba o técnico do Pescados Rubén, facendo fincapé á boa etapa que está vivindo o conxunto irmandiño, clasificado esta semana para a final da Copa Galicia tras impoñerse ao Cidade de Narón (2-5): “Estamos nunha boa etapa de resultados e de xogo, pero o que é máis importante, desde Zaragoza, demos un paso adiante, demostrando que estamos aprendendo a competir”, explicaba o adestrador.
Xunto ás ausencias dos lesionados Matamoros e Iago Míguez, será dúbida Chino, que xa non puido disputar o partido de Copa Galicia esta semana por unha contractura na coxa. No partido de ida, con vitoria para os laranxas por 5-8, precisamente o 20 burelista 5 dos tantos visitantes.
O CD Burela Pescados Rubén realizará na tarde deste xoves a última sesión da semana (16.00 horas).
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén (provisional): 1. Edu, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino (dúbida), 23. Antoñito, 30. Hélder
Convocatoria Catgas E. Santa Coloma: 3. Fabián, 4. Pablo del Moral, 5. Rubén, 7. Adolfo, 8. Dani Salgado, 10. Sepe, 12. Corvo, 13. Rangel, 17. Rafa López, 21. Didac, 31. Prieto