Site icon Crónica3.com A Mariña

Camiño de volta

Co mesmo epígrafe que encabeza estas liñas estase a celebrar na histórica Casa da Parra da Quintana compostelá,unha exposición de fotografía da que son autores oito dos mais sobranceiros artistas plásticos galegos actuais, algúns mariñáns ou con fondas relacións coa nosa comarca. Abre a nómina da mesma Daniel Caxigueiro, o mindoniense afincado en San Martiño, onde mesmo ao pé da basílica creou o “Espazo Caritel” que veo a engadir atractivo histórico do lugar, dende as consideracións puramente históricas e artísticas/monumentais, con un xardín botánico de 3500 m2 no que poden contemplarse numerosas especies arbóreas e plantas, exóticas e autóctonas, entre as que chaman a atención de cantos visitan o lugar,as mais do cento de variedades de camelias, sen dúbida o maior atractivo cultural do concello de Foz.

A importancia que a Consellería de Cultura da Xunta, promotora, concede á mostra reflíctese na calidade e o coidado do magnífico catálogo editado pola mesma: un volumen tamaño A-4, de calidade excepcional, con mais de cen páxinas a todo cor; algunas delas dobles, en papel acartonado; todo un luxo editorial.

Na nota introductoria ó mesmo o Conselleiro Román Rodriguez remata así o breve comentario: “quizais non haxa nada que decir; abonda con mirar”.

Na obra artística do escultor Caxigueiro, a poesía e a fotografía reaccionan como un resorte interpelando e reivindicando, porque na traxectoria de Daniel o compromiso forma parte da súa obra, á que neste caso hai que engadir a aportación mariñán de Olga Osorio, profesora da Universidade da Coruña, prestixosa profesional do audio-visual, coa serie “O pasadelo de Rilke”,que na focega parroquia de Santo Acisclo ten as orixes e nela pasa tempadas.Por outra banda Xoan Piño, outro dos oito que forman o grupo de elite, lembrámolo hai moitos anos (40, acaso? residente en Foz, xove doutor en medicina iniciándose na profesión, xa daquela un virtuoso da guitarra na que é todo un mestre. Na mostra presenta a colección “Dez outonos no Courel”. Completan a nómina de artistas no “Camiño de volta” nomes de tanta zona no panorama da arte en Galicia coma Carmen Chacón, Denis Estévez, Xurxo Gómez-Chao, José Meis e Manuel Sendón. A mostra permanecerá exposta ata o día 27 de marzo.

Exit mobile version