Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia ficha á presidenta do Colexio de Veterinarios e ao alcalde de Pantón, que incorporaría a súa executiva

Lugo, 13 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular na provincia de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, fichou á concelleira lucense Ana María López Pombo e ao alcalde de Pantón, José Luís Álvarez Blanco, para incorporalos a súa executiva, de resultar este o proxecto que maior respaldo acade no Congreso provincial extraordinario que terá lugar o vindeiro 6 de marzo.

Ana María López Pombo foi unha das incorporacións máis celebradas da candidatura popular da capital lucense onde a presidenta do Colexio de Veterinarios ocupou o seu número dous. Profesional de gran prestixio e forte compromiso social, preside o Colexio de Veterinarios de Lugo desde setembro de 2011.

O rexedor Álvarez Blanco é un dos alcaldes máis respetados da Ribeira Sacra e acumula tres lexislaturas nas que acadou a confianza maioritaria dos seus veciños. Candia puxo en valor o traballo e a experiencia que José Luis Álvarez pode achegar ao proxecto popular provincial.

A candidatura que encabeza a alcaldesa de Mondoñedo e Ramón Carballo segue sumando destacados apoios ao longo da provincia un día despois do respaldo obtido polas bases e confirmado coas sinaturas maioritarias dos militantes que participaron nesta primeira fase precongresual.

Elena Candia agradeceu estas incorporacións que veñen a reforzar o proxecto e demostran que cada vez a candidatura xera maior ilusión entre os militantes e lucenses.

ANA LÓPEZ POMBO
Licenciada en Veterinaria e Master en Calidade e Seguridade Alimentaria. Presidenta dende 2010 do Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo e Conselleira do Consejo General de Veterinarios de España.

JOSÉ LUÍS ÁLVAREZ BLANCO
Xubilado de banca, formou parte da candidatura do PP á alcaldía de Pantón nas municipais de 2003 onde exerceu de tenente de alcalde. Foi por primeira vez candidato á alcaldía deste municipio nas eleccións municipais de 2007 e resultou elixido rexedor en 2011 e 2014 sempre con maioría absoluta.

Exit mobile version