Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla café en Ribadeo sobre “Os acordos de libre comercio Europa-Estados Unidos (TTIP)”

O Observatorio da Mariña pola Igualdade continúa coa organización dos seus actos anuais e esta vez o fai coa segunda das charlas café do ano, que se celebrará o próximo venres 19 de febreiro, no local da Casa das Letras de Ribadeo, ás 20.00 horas, e na que se tratará o tema do TTIP (acrónimo en inglés do Acordo Transatlántico para o libre comercio e investimento entre Europa e Estados Unidos) abordado dende unha perspectiva de xénero e dende unha crítica feminista. A charla será impartida pola economista Carmen Castro García,especialista en Políticas europeas de Xénero e asesora en políticas de igualdade.

Queremos afondar nun debate sobre a relevancia que pode ter a aprobación deste tratado de libre comercio(por outra banda tan descoñecido) nas nosas vidas, xa que destruiría o xa de por si, incompleto benestar que lle queda a cidadanía europea, impedindo dereitos básicos que afectan a cuestións fundamentais como a educación, a sanidade, os dereitos sociais e laborais, o medio ambente , a alimentación, etc.

Dende o Observatorio tentamos abrir debates que sirvan para dar a coñecer como afectan as diferentes realidades sociais á vida da cidadanía en xeral e á vida das mulleres de maneira particular,dende un formato,o das charlas café,onde as persoas asistentes poidan atopar espazos de interación nun ambente agradable e acolledor.

“Convocamos a todas aquelas persoas interesadas dende calquera punto da Mariña, á asistencia a esta charla o próximo venres 19 de febreiro no local da Casa das Letras de Ribadeo. A entrada é libre e gratuíta”.

Exit mobile version