Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre espeleoloxía na Librería Bahía

A Librería Bahía acolle este venres 12 de febreiro a partir das 20.30 horas unha charla do espeleólogo Xesús Manteca. O espeleo-buceador que traballou en ‘Al Filo de lo Imposible’ e que participa activamente nas exploracións do Pozo Azul falará sobre o desenvolvemento dos traballos nunha das máis emblemáticas cavidades do mundo. A actividade é aberta e gratuita. Xa pola mañá dará unha charla de iniciación á espeleoloxía para os alumnos e alumnas do colexio Martínez Otero.

Exit mobile version