O acto tivo lugar na Unidade Residencial donde están expostos varios dos traballos realizados durante a formación práctica recibida.
O curso desenvolveuse dende o mes de setembro e acabou o pasado día 28 de xaneiro e nel participaron un total de 9 usuarios. Os obxetivos desta acción formativa estaban encamiñados a adquisición de habilidades sociais, mellora de hábitos prelaborais e a adquisición de formación básica de tipo laboral específica (adaptada as súas necesidades).
Para a súa realización contamos coa colaboración da Consellería de Política social (Dirección Xeral de Inclusión Social) a través da convocatoria de subvencións para entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxetivo 9 “Promover a inclusión social e lotar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.