Site icon Crónica3.com A Mariña

Confitería La Alianza presentará a “Rosca de Ribadeo” cun acto aberto ao público que se celebrará o día 25 de febreiro no Parador de Turismo

Ribadeo, 17 de febreiro de 2016.- Confitería La Alianza, negocio nado en Mondoñedo pero que tamén conta con establecemento na rúa San Roque da vila ribadense, presentará un novo produto: a Rosca de Ribadeo. O acto, aberto ao público en xeral e con entrada libre, terá lugar no Parador de Turismo ribadense o día 25 deste mes, xoves, a partir das sete e media da tarde.

A presentación comezará no salón San Roque e contará coas intervencións do fundador de Confitería La Alianza, Pablo Redondas Losada, e do seu fillo, que é o actual propietario do negocio e o creador da Rosca de Ribadeo: Guillermo Redondas Vallejo. Alí explicará como xurdiu a idea de crear este produto, como se elabora, os seus ingredientes e outros detalles deste doce. Tamén se darán a coñecer as caixas nas que se comercializa a Rosca de Ribadeo, envases que contan cun deseño moi orixinal no que hai vinculacións á vila ribadense e a Mondoñedo.

A continuación na cafetería do Parador haberá degustación de Rosca de Ribadeo e tamén doutros produtos que elabora Confitería La Alianza acompañados cun viño.

Exit mobile version