Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela: “Facemos oposición, preocupámonos por mellorar Burela”

O voceiro de Compromiso por Galicia de Burela, Juan Carlos Piñeiro, asegura que a súa formación “cumpre” porque “facemos oposición, preocupámonos por mellorar Burela”.

“Dixémolo no análise dos resultados das eleccións locais, VIMOS PARA QUEDARNOS. Aínda que non temos grupo na Corporación estamos a marcar parte do ritmo político de Burela. Non é difícil ante un goberno sen rumbo e sen líder. Para mostra un botón: o pasado día 29 de xaneiro CxG pedíamos a celebración de urxencia da xunta local de seguridade, esquecida polo noso rexedor, e no día de hoxe o Sr. Llano manifesta que este órgano será convocado de urxencia. Supoñemos que foi por inspiración divina. Congratulámonos deste feito, xa que entendemos que os tempos están a cambiar e faise necesaria unha política activa neste campo”.

“Non queremos deixar pasar a oportunidade de espertar as musas socialistas, e mediante a presente nota de prensa, solicitamos do equipo de goberno: a revisión, dotación e colocación de papeleiras urbanas na nosa vila”. CxG Burela conta cun informe, elaborado pola propia formación, que di que “existen rúas enteiras sen esta dotación. As que temos son poucas, algunha en mal estado, e están mal colocadas”.

A executiva local de Compromiso por Burela critica que “a imaxe do pobo non se cambia soamente pagando un servizo de prensa externo, cun simple paseo vese esta necesidade”.

Finamente, agradecen que “se faiga algo de caso as iniciativas de CxG Burela, pero é de recibo que nun goberno con 3 salarios se estea máis atento”.

Exit mobile version