Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela pide a limpeza da rúa Álvaro Cunqueiro

limpeza-alvarocunqO portavoz de Compromiso x Galicia en Burela, Juan Carlos Piñeiro Docampo, pide “a actuación do Concello na limpeza da rúa Álvaro Cunqueiro e a dotación de papeleiras urbanas, xa que no existe ningunha”.

É que considera que esta rúa “é unha importante zona de paso da nosa vila, conta con negocios e nela está unha clínica visitada por moita xente da comarca. Na actualidade, atópase nun estado de completo abandono por parte do Concello dando de forma irreparable a imaxe da vila”.

Exit mobile version