Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela reivindica políticas activas contra o desemprego, fronte á “política de esmolas e subvención” do PSOE

Burela, 7 de febreiro de 2016.- Os traballadores desempregados en Burela, con datos de decembro de 2015, supoñen un 15% da poboación activa (fai un decenio era do 9%) son 673 persoas. Boa parte de estas persoas pertencen a familias en risco grave de exclusión, xa que non posúen ningún tipo de ingreso. Diante de isto o noso rexedor o único que propón, como política activa, é pedir esmola a outra administración e contratar 40 persoas.

CxG Burela entende esta como unha boa cifra, pero para nos este non é o camiño, temos dúbidas:
– Cal é a duración dos contratos?
– Cal é o mecanismo de selección?
– Vai ser posible unha inserción real da persoa contratada no mercado laboral?
– Este é o emprego de calidade e estabilidade que defende o PSOE?
– Cal é a diferencia de política de emprego de este Alcalde e o anterior?
– Por que nos venden como un logro contratos que se repiten ano tras ano?

Cabe recordar que en numerosas ocasións este goberno, en maioría, podería ter aprobado un plan de emprego. CxG propuxo no seu día unha formula, que xuntaría axentes implicados e centros formativos, non se nos fixo caso.

Tristemente o tan vendido, pero inexistente, plan do PSOE de Burela, sabemos que consistira en algún tipo de axuda a contratación e nada máis (esmola para amigos).

Burela ven de perder tecido produtivo: ECESA, GRES; de sufrir deslocalizacións: Frigomar, Burelarte, Currican… e o noso alcalde Sr. Llano ten por única folla de ruta pedir subvencións. Onde están os seus compromisos:

– Municipalizar servizo, de momento fixo o contrario, xa privatizou algún.
– Polígono industrial, de momento non fixo nada.
– Plan de emprego, non está ni se lle espera.
– Xestións de cara a rescatar actividades (ECESA) nin se entera dos movementos de fondos interesados en esta planta.

Dende CxG Burela, diante dun tema tan sensible como este entendemos que non callen frivolidades para saír na prensa, senón máis responsabilidade.

Exit mobile version