Site icon Crónica3.com A Mariña

D.E.P. no Pastor Díaz

depD.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor!”. D.E.P. mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: A PELEXA POLA HERDANZA. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda NON ESTÁ MORTA. ¿Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo? Como din os expertos: “Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre”. Ou como dicían as nosas avoas: “A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños”. Malasombra achegará esta comedia ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 13 de febreiro a partir das 20.30 horas con Jouse García, Xoque Carbajal e Patricia Rodríguez no elenco.

Exit mobile version