Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia agradece os numerosos apoios recibidos desde que fixo pública a súa candidatura á presidencia do partido en Lugo

Lugo, 7 de febreiro de 2016.- Elena Candia agradece os numerosos apoios recibidos desde que fixo pública a súa candidatura á presidencia do partido en Lugo o pasado venres. “Esa mesma tarde recibimos numerosos apoios e ao longo da fin de semana puidemos manter conversas con membros do partido e afiliados que nos fan crer que o noso proxecto está no camiño axeitado”, expón.

A candidata avanza que no comité terá un especial protagonismo os alcaldes “polo coñecemento exhaustivo que teñen da provincia e das necesidades dos seus veciños e veciñas”. “Recibín o apoio dunha ampla maioría dos alcaldes da provincia desde que dei o paso, un xesto que agradezo”, indica.

Amais de estar a disposición da militancia desde o primeiro momento, traballo que acometerá con encontros por comarcas durante a campaña, a ex presidenta da Deputación de Lugo asegura que ela e Ramón Carballo, subdelegado do Goberno en Lugo en funcións, traballan na configuración dun equipo “que represente a todo o partido, as ganas e a ilusión por un proxecto de todos”.

“Sabemos que hai moito traballo por facer, un legado que manter e imos traballar man a man con toda a militancia, cos que representan a renovación e cos que axudaron a forxar o partido desde as súas orixes para conseguir levar a cabo un proxecto sólido e de futuro”, engade.

A candidata reitera que durante a campaña, que comeza o día 15 de febreiro, percorrerá a provincia para coñecer “de primeira man” as inquedanzas de toda a militancia.

Exit mobile version