“Estamos seguros de que este proceso representa unha oportunidade única para a toda a militancia do partido de cara a apuntalar un proxecto de futuro que nos permita facer o mellor traballo nas institucións nas que gobernamos e poder recuperar aquelas nas que estamos a desempeñar unha labor encomiable desde a oposición”.
A hora dos militantes
Elena Candia asegurou que “é a hora dos militantes” polo que anima a todos os afiliados a que fagan a súas achegas para que este sexa “un proceso de participación exemplar”.
A alcaldesa de Mondoñedo explica que dedicará a súa campaña a seguir facendo propostas en positivo, así como a escoitar a opinión da militancia, “desde os máis novos ata os que teñen unha dilatada traxectoria no partido. “É a hora da militancia. É a hora de que tome a palabra e, entre todos, enriquezamos este proxecto de futuro para o noso partido”, concluíu.