Site icon Crónica3.com A Mariña

Emma Álvarez subliña que a candidatura que encabeza Elena Candia supón “a verdadeira renovación do PP de Lugo”

Lugo, 26 de febreiro de 2016.- A ex alcaldesa de Lourenzá e ex deputada autonómica, Emma Álvarez, subliña que a candidatura que encabeza Elena Candia supón “a verdadeira renovación do PP de Lugo”. Sostén que a presenza da alcaldesa de Mondoñedo na actual dirección do PP garante que se manteña o seu funcionamento e que se modifique e mellore o necesario para seguir traballando pola unidade do partido.

Emma Álvarez, quen formou parte do equipo de traballo da ex presidenta da Deputación de Lugo durante o seu paso pola institución, valora a capacidade de traballo, contundencia, valentía e seguridade na toma de decisións “o que non lle resta capacidade de diálogo e vontade para acadar acordos”. Estas características que Elena Candia aglutina “traen consigo o equilibrio necesario para liderar equipos”, engade.

A ex alcaldesa de Lourenzá e presidenta do PP asegura que a Agrupación local apoia “de forma maioritaria” a candidatura de Elena Candia. “É a nosa veciña e fomos testemuñas da súa evolución política, polo que cremos que ten feito os esforzos suficientes para ser quen lidere o partido os próximos anos”, conclúe.

Exit mobile version