Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela comezou unha nova edición do programa “Educar en familia”, dirixido a familias con nenos de 0 a 3 anos

Burela, 25 de febreiro de 2016.- Este xoves deu comezo unha nova edición do programa Educar en familia, dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, explica que “xa se enviaron cartas para asistir ás xuntanzas de hoxe, para organizar as quedas. De todas formas convidamos a participar a todas aquelas familias con nen@s desas idades, que non puideron acudir ás xuntanzas de planificación, e que aínda estean interesadas participar nesta actividade”.

Aqueles pais e nais que desexen formar parte do programa Educar en familia poden anotarse no Centro de Información á Muller, na Casa do Concello ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

Exit mobile version