Site icon Crónica3.com A Mariña

Esperanza González afirma que Elena Candia aprobou alegacións ao PXOM de Mondoñedo sen informes regulamentarios

Mondoñedo, 8 de febreiro de 2016.- A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González afirma que Elena Candia aprobou alegacións ao PXOM, no pleno celebrado 5 de febreiro, sen informes regulamentarios.

A concelleria socialista denuncia que o PP aprobou 4 modificacións ás alegacións ao PXOM sen o informe técnico correspondente, unha delas ao seu concelleiro de Urbanismo. Advirte que lle estimaron unha alegación, que xa tiña estimada parcialmente, convertendo unha parcela de suelo Solo Rústico de Especial Protección de Espazos Naturais en Solo Rústico de Protección Ordinaria, outorgandolle máis metros.

González afirma que a elección das catro modificacións fíxose de xeito “totalmente partidista para favorecer intereses persoais”, pero o que resulta máis grave de todo este proceso “é que estas modificacións votadas unha por unha no pleno, non conta cos informes técnicos, xurídicos ou legais que amparen estas modificacións que se votaron no pleno”.

Explica ademais que o PSdeG-PSOE votou en contra de cada unha destas modificacións que se presentaron no pleno, e sinala que se abstiveron na votación da aprobación inicial do PXOM “por responsabilidade política, e porque sabemos que é importante que salga adiante este proxecto xa que é un elemento vital para o desenrolo do concello”. Nesa liña dixo “a nosoutros gustaríanos aprobalo xa que o PXOM púxose en marcha gracias ao empeño de anteriores gobernos progresistas, pero as modificacións partidistas e arbitrarias que introduciu o PP non nos pareceron éticas”.

Orzamentos
No Pleno tamén se aprobaron os orzamentos, González preguntou por proxectos anunciados pola rexedora como o Plan de tráfico, ou a rehabilitación dos Muíños, os puntos limpios para a recollida de plásticos agrarios nas parroquias, ou o arranxo de tuberias na avenida de Bos Aires “dos que a día de hoxe nada se sabe”. Tamén se interesou polo convenio de 90.000 euros a unha entidade privada.

Advertiu tamén que o Concello esta externalizando servizos como por exemplo na selección de persoal do Obradoiro cunha factura de perto de 4.000 euros, traballos no mercado medieval, cunha factura de 900 euros, ou na limpeza de rúas con perto de 8.000 euros.

González demandoulle a rexedora “que traballe máis e gaste menos, sobre todo en publicidade e propaganda, xa que a día de hoxe ten gastado perto de 16.000 euros en saír nos medios de comunicación solo para promocionarse, en tan só 6 meses de Goberno”. Subliñou que “a promoción nos medios hai que facela, pero sin tanto derroche”.

Asegurou que no Concello hai demandas de servicios básicos dos veciños como por exemplo a colocación de marquesinas, ou de contenedores ou mesmo limpeza des rúas e contestáselles que “realizarase segundo a dispoñibilidade orzamentaria, ou que xa se esta mirando”. Por eso insiste “si hai cartos para a propaganda ten que habelos para atender as necesidades mais básicas dos veciños. Si quere promocionarse adiante, pero non a conta dos intereses dos veciños de Mondoñedo”.

Por último dixo que a mellor promoción que pode facer de Mondoñedo “é abrir a Oficina de Turismo, que xa leva moito tempo pechada”.

Exit mobile version