Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallado o XV Certame de Poemas de Amor convocado pola Biblioteca Municipal de Foz

Foz, 29 de febreiro de 2016. A décimo quinta edición do certame de poemas de amor, convocado pola biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, con motivo do Día de San Valentín, foi fallado e os premios serán entregados nun evento que se celebrará este sábado, 5 de marzo, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura. Contará coa actuación do coro infantil da Escola de Música de Foz e Felipe Sánchez.

Os premiados en categoría xuvenil foron: co primeiro posto Macarena Ledo Vázquez e co segundo, Antía Castiñeira Marrero. En adultos: primeira, Lucía Barrera López; e segunda, Lucía Ramiro Taboada.

Tamén houbo unha mención especial para Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e os premiados son, por esta orde, Rebeca Rodríguez Rivas, María Jesús Rivera Miraz e Jorge Manchado Rivero.

Exit mobile version